Este Protocolo foi asinado en Madrid,

 o 2 de xullo de 2003

                        

Asociación Galega de Estudios de Economía do Sector Público

Instituto de Estudios Fiscais

Sobre a Asociación

Contido do protocolo

Contáctenos

Estatutos

Cómo ser socio

Primeiras Xornadas

Segundas Xornadas

Terceiras Xornadas

Cuartas Xornadas

Quintas Xornadas

Cursos e Conferencias

Publicacións

    As Partes

 

Exposición

 

Cláusulas do Protocolo

 

Sinatura

Las Partes

REUNIDOS

Dunha parte o Ilmo. Sr. D. Juan José Rubio Guerrero, Director do Instituto de Estudios Fiscais en virtude das atribucións que lle confire o Real Decreto 63/2001, de 26 de xaneiro (BOE de 27 de xaneiro), polo que se aproba o Estatuto do Organismo Autónomo Instituto de Estudios Fiscais.

Doutra o Ilmo. Sr. D. Luis Caramés Viéitez, Presidente da Asociación Galega de Estudios de Economía do Sector Público. Asociación creada de acordo coa Lei de 24/12/1964 e normas quela desenrolan, e inscrita noRexistro Nacional de Asociacións co nº 103.581.

Recoñecéndose ambas partes capacidade e lexitimidade suficiente para outorgar e asinar este protocolo Xeral.

 

Expoñen

PRIMEIRO:

Que o Instituto de Estudios Fiscais é un organismo autónomo adscrito á Secretaría de Estado de Facenda. Entre as funcións que lle son propias figura o desenrolo de relacións de coordinación e cooperación con outros centros, institutos, Universidades e institucións públicas e privadas, nacionais e internacionais, en materia de estudios e investigación sobre os sistemas tributarios e o gasto público, a incidencia no sistema económico e social de tales sistemas e a súa aplicación, así como en materia de formación e perfeccionamento de persoal.

SEGUNDO:

Que a Asociación Galega de Estudios de Economía do Sector Público é unha asociación que ten como finalidade de promove-lo desenrolo e a difusión das investigacións relacionadas co Sector Público en Galicia.

A tal efecto ambas partes suscriben o presente documento ó amparo do establecido no art. 3.1d) do Real Decreto lexislativo 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos das Administracións Públicas, con suxección ás seguintes:

 

Cláusulas
 PrimeIra:

O obxecto do presente Protocolo é regula-la colaboración entre o Instituto de Estudios Fiscais e a Asociación Galega de Estudios de Economía do Sector Público para a promoción de actividades e iniciativas conxuntas, así como o desenrolo igualmente conxunto de estudios, traballos, xornadas, cursos, seminarios e congresos relacionados con materias de interés común.

Segunda:

O presente Protocolo  desenrolarase, posteriormente, nos seus aspectos concretos e específicos, mediante acordos específicos suscritos entre o Instituto de Estudios Fiscais e a Asociación Galega de Estudios de Economía do Sector Público, nos que se recollerán as actividades a realizar, o calendario de desenrolo das mesmas e as aportacións de cada unha das partes.

TerceIra:

As partes  comprométense a remitirse información que poida resultar de interés común: documentación sobre cursos, seminarios, xornadas, actividades de investigación, publicacións, etc., así como a facilitarse mutuamente o acceso a fondos documentais, bibliográficos e ós bancos de datos, agás  os que tenñan carácter reservado, ás persoas especialmente habilitadas pola outra somentes a efectos de consulta e investigación.

Cuarta:

 A formalización do presente Protocolo non leva aparellado gasto algún. Non obstante, cando o desenrolo de actuacións conxuntas de formación implique aportacións económicas por alguna ou ambas partes, os costes económicos evaluaranse  en cada caso e aprobaranse  polos órganos competentes respectivos.

Quinta:

Para o axeitado seguemento do convenio crearase  unha Comisión Mixta integrada por dous membros, un  nomeado polo Director do Instituto de Estudios Fiscais e outro polo Presidente da Asociación Galega de Estudios de Economía do Sector Público, que se reunirá cando ambas partes, de común acordo, o consideren oportuno.

Sexta:

Este convenio ten natureza xurídico administrativa, debendo as partes acudir en cantas dúbidas interpretativas e lagoas poideran presentarse   ós principios recollidos na Lexislación de Contratos das Administracións Públicas, Texto Refundido aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2000, de 16 de xuño.

Serán competentes para coñecer dos litixios que poidan plantexarse respecto á interpretación, cumprimento, extinción, resolución e efectos deste convenio, os Tribunais do orden xurisdiccional contencioso-administrativo.

Sétima:

O presente Protocolo, entrará en vigor, a tódolos efectos establecidos, a partir da data da súa sinatura sendo a súa vixencia de dous anos. Poderá ser denunciado por calquera das partes cunha antelación mínima de dous meses e, en calquera caso, deixará de estar en vigor dous meses despois da data en que tal denuncia sexa comunicada á outra parte.

 

 

Sinatura
 

En proba de conformidade, asinan o presente Protocolo Xeral, por triplicado exemplar e a un só efecto, no lugar e data indicados no encabezamento.

Instituto de Estudios Fiscales:   Fdo.: Juan José Rubio Guerrero

Asociación Galega de Estudios de Economía do Sector Público: Fdo.: Luis Caramés Viéitez