Os Estatutos da A.G.E.E.S.P. foron aprobados en Santiago de Compostela, o 12 de marzo de 1991

Asociación Galega de Estudios de Economía do Sector Público

Sobre a Asociación

Contenido dos Estatutos

Contáctenos

Protocolos de colaboración 

Cómo ser socio

Primeiras Xornadas

Segundas Xornadas

Terceiras Xornadas

Cuartas Xornadas

Quintas Xornadas

Cursos e Conferencias

Publicacións

Nome, fins e domicilio

Socios

Órganos de Goberno

Actividades científicas

Réxime económico

Enmendas 

                          Disolución                              

Nome, fins e domicilio
1.- A Asociación toma o nome de Asociación Galega de Estudios de Economía do Sector Público.

2.- Organiza reunións científicas e trata de favorecer o contacto entre os estudiosos destas materias, así como entre estos e os investigadores doutros campos do saber. Igualmente  promove o intercambio de investigacións con outras Institucións de similar natureza. A Asociación pode tambén patrocinar publicacións científicas.

3.- Promove as accións que considera convintes para mellora- la investigación e  a docencia no campo da Facenda Pública e a Economía do Sector Público en Galicia.

4.- Procura difundir aqueles aspectos sociais e científicos da Facenda Pública e a Economía do Sector Público que sexan de interés para a sociedade galega.

5.- O ámbito territorial da Asociación é o da Comunidade Autónoma Galega, e o seu domicilio social está ubicado na Sección de Facenda Pública do Departamento de Economía Aplicada da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela.
Socios
6.- Os socios son de número, de honor, protectores e adheridos. Existe na Asociación un ficheiro e un libro de rexistro dos nomes, apelidos, profesión e domicilio dos asociados.

7.- Son socios de número todos aqueles profesores das seccións de Facenda Pública das Universidades, e aquelas persoas relacionadas profesionalmente de modo habitual,  co estudio do campo científico da Economía do Sector Público. Poden entrar como socios de número todos aqueles que cumpran a condición anterior e sempre que conten co voto favorable dos 3/4 dos socios de número existentes nese intre.

8.- Poden ser socios de honor aquelas personalidades con relevantes méritos no ámbito da Investigación da Facenda Pública e a Economía do Sector Público que, a proposta razonada dos socios de número, e en votación segreda, obtenñan os 2/3 favorables de sufraxios dos socios de número asistentes á Asamblea da Asociación. Neste momento, foron nomeados socios de honor os profesores Enrique Fuentes Quintana e Carlos Otero Días, ademáis do ministro de economía Cristóbal Montoro Romero.

9.- Poden ser socios protectores aquelas persoas ou entidades que desexando contribuir ó sostemento e desenrllo da Asociación, sexan aceptadas pola Asemblea por maioría simple dos asistentes. Terán voz pero non voto.

10.- Os socios adheridos serán personas cun traballo e interés personal  relacionado co desenrllo dos estudios de Facenda Pública. a solicitude de incorporación como socio adherido será presentada por un socio de número e será resolta pola Xunta Directiva, por maioría simple. Teñen voz nas Asembleas pero non voto.

11.- Tódolos socios, agás os de honor, abonan unha cuota anual que fixa, para cada tipo de asociado, a Asemblea, a proposta da Xunta Directiva.

12.- Os socios causan baixa por petición propia, consignada en escrito dirixido ó Presidente da entidade, por falecemento ou interdicción civil, por deixar e satisface-las cuotas de dous anos consecutivos ou por expulsión, por causa xustificada, que require necesariamente o voto, ó menos, da metade máis un dos socios de número.

Órganos de Governo
13.- Os órganos de governo son a Asemblea Xeral, formada por tódolos socios,  e a Xunta Directiva composta polo Presidente, dous Vicepresidentes, o Secretario e o Tesoureiro.

14..- As competencias da Asemblea Xeral son: respecto dos socios, as atribucións que se lle reservan no capítulo II;  respecto da Xunta Directiva, elexila, revocala total ou parcialmente e analiza-la súa labor; aproba-la Memoria e Balance do ano anterior e o presuposto do seiguinte; tratar dos asuntos que lle propoña a Xunta Directiva e dos que lle propoñan alomenos tres socios de número e aquelas que presenten cinco socios adheridos.

15.- A Asociación celebra a Asemblea Xeral Ordinaria alomenos unha vez ó año.

16.- A Asociación celebra a Asemblea Xeral Extraordinaria, cando así o acorde o pleno da Xunta Directiva, ou cando o soliciten as 3/4 partes dos socios de número.

17.- A Asemblea Xeral convócase  cunha antelación, alomenos de dez días. Considérase  constituída cando están presentes, ou debidamente representados, alomenos a metade dos socios de número, ou en segunda convocatoria, unha hora despois da fixada para o comenzo en primeira convocatoria, e sexa cal sexa o número e socios de número asistentes. Os acordos da Asemblea agás o previsto no artigo 31 dos Estatutos,  tómanse por maioría simple e no caso de empate decidirá o voto do Presidente.

18.- Os cargos da Xunta Directiva teñen unha duración de catro anos.

19.- As votacións para a renovación da Xunta Directiva efectúanse por metades cada dous años alternando a elección de Presidente e Tesoureiro coas de Vicepresidente e Secretario.

20.- As votacións son segretas, considerándose os votos recibidos por correo, e serán proclamados os socios de número que obtuvesen, en cada caso, o maior número de votos.

21.- En caso de dimisión, baixa ou falecemento dalgún membro da Xunta Directiva,  procederase a cubri-la vacante na primeira Asemblea que se celebre. A duración do cargo rematará na data en que debera facelo o sustituto.

22.- O Presidente representa á Asociación, preside a Asemblea e convoca e preside a Xunta Directiva, vela polo cumprimento dos acordos da Asemblea Xeral e da Xunta Directiva.

Os Vicepresidentes sustitúen nas súas funcións ó Presidente por delegación ou ausencia do mesmo.

O secretario redactará as actas das reunións da Asemblea e da Xunta Directiva,  encargarse da súa transcripción no libro correspondente así como da súa custodia. Asimesmo presentará á Asemblea unha Memoria anual sobre actividades da Asociación.

O Tesoureiro  encargase dos asuntos financeiros relacionados co funcionamento da Sociedade e presenta na Asemblea unha Memoria económica da Entidade, que conterá forzosamente o balance, pechado a 31 de decembro do ano anterior, a conta de resultados correspondente, e un proxecto de presupostos para o exercicio seguinte.

23.- A Xunta Directiva  reunirase, alomenos, catro veces ó ano, cunha separación entre cada sesión de tres meses como máximo e un como mínimo.

24.- A Xunta Directiva governará a Asociación, agás naqueles casos en que, segundo os Estatutos, isto corresponda á Asemblea.

25.- Para tomar acordos a Xunta Directiva, deberán estar presentes, alomenos, tres dos seus membros.

Actividades científicas
26.- A Asociación organiza, coincidindo coa Asemblea, un congreso científico ó año. A isto deben engadirse as reunións para temas específicos. A Xunta Directiva, a estos efectos, actuará como Comisión organizadora. As reunións científicas deberán convocarse cunha antelación mínima de seis meses.

27.- Nos congresos poderán presentar comunicacións científicas, de modo limitado, tódolos socios de número e de honor. Cada un deles, ademáis, terá dereito a introducir unha comunicación de persoa que non obstente tal condición.

28.- A Asociación poderá organizar ou patrocinar cursos especializados ou reunións sobre temas monográficos.

Réxime económico
29.- Establécese como patrimonio fundacional a cantidade de 600 euros.

30.- Os recursos económicos da Asociación consistirán no patrimonio fundacional indicado, as cuotas dos socios, as aportacións, donacións, legados e subvencións de toda índole que, ó seu favor, poidan establecer toda clase de centros oficiais, entidades ou particulares.

Enmendasós Estatutos
31.- Para introducir algunha modificación nestos Estatutos  precisarase, en primeiro término,  xa a proposta asinada alomenos da metade dos socios de número, xa a proposta dunha Comisión "ad hoc" designada en tal caso pola Asemblea, xa a proposta unánime da Xunta Directiva. Despois, a súa aprobación na Asemblea inmediatamente seguinte á chegada á Secretaria da redacción do texto que se propón, para o que se precisa do voto favorable de alomenos 2/3 dos socios de número existentes.

Disolución da Asociación
32.- disolverase por calquera das causas determinadas pola Lei e , en todo caso, polo acordo da Asemblea Xeral adoptado cos requisitos do artigo 17 destos Estatutos.