Asociación Galega de Estudios de Economía do Sector Público

Celebradas na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) en Santiago de Compostela, o 14 e 15 de xaneiro de 1999, trataron sobre o "Gasto Público Autonómico"

PONENTES

PATROCINADORES

Sobre a Asociación

Introducción ás Xornadas

Contáctenos

Estatutos

Protocolos de colaboración 

Cómo ser socio

Primeiras Xornadas

Segundas Xornadas

Cuartas Xornadas

Quintas Xornadas

Cursos e Conferencias

Publicacións

Cando os españois nos aprestamos a cambiar de réxime político, mediada a década dos setenta, coexistindo a entrada nun tempo novo coa voladura controlada do poder franquista, as urxencias constituían o estado natural do nosto ánimo. queriamos ser, e xa, como os demáis. Probablemente fomos inxustos quenes calificamos algúns aspectos de aquel proceso como "apresurados", pois así nos referimos ó ritmo de implantación autonómica (Caramés, 1985). Hoxe, coa perspectiva que dan os años, quizáis resultase convinte matizar esos xuizos, aceptando que o resultado inicial non dibuxou un mapa institucional moi distinto do que, en calquera caso, fora posible. Outra cousa é que, ó longo do proceso, la duración do sistema non poidera haber discurrido de xeito máis sistemático e, .sen dúbida , máis estable

 No terreo concreto do gasto público, España vai vivir un crecemento tardío e intenso (Alcaide, 1988), ávido de recuperar uns estándares europeos que a facenda pública do noso país non estivo - secularmente- en condicións de financiar. A duras penas alcanzaba a suministrar aqueles bens e servicios que se consideraban indispensables (Fontana, 1980; Tedde, 1981). Entre as propias características da estructura económica de España - co seu marcado atraso, en lugar preeminente - , as guerras coloniais e unha burguesía miope, pouco se fixo por poñer bases modernas a un crecemento e a unha sociedade que se distanciaba significativamente das adelantadas do seu entorno. de feito, se escribimos unha certa transformación tra-la revolución liberal de 1835  o desenrolo posterior ós anos sesenta, a evolución del gasto público foi extraordinariamente lenta, en plena coherencia coa propia insuficiencia do sistema tributario (Comin, 1988). Pero había de ser a transición política á democracia o momento en que os españois tivemo-la oportunidade de demandar un conxunto de bens e servicios públicos homologables cos demáis países desenrolados. E algo máis; a simultaneidade deste feito histórico cunha crise económica ata entón ignorada, vae a facer que o gasto entre nunha dinámica de crecemento elevado, empuxado polo comportamento dos estabilizadores automáticos e por políticas de transferencias a empresas en dificultades e de xubilacións anticipadas. Nesa dirección foise camiñando, iniciándose un período de déficits públicos crecentes, que haberían de invertirse coa práctica de políticas compatibles cos obxectivos da Unión Económica e Monetaria. A biografía deses déficits revela unha maior provisión de bens e servicios queridos polos ciudadáns, pero tambén todo un cortexo de efectos negativos, dos coñecidos de expulsión real e financeira, ata os que influiron na oferta agregada ou na credibilidade dos políticos (Fuentes Quintana, 1985).

Cál fora a influencia do proceso de descentralización seguido en España sobre a dinámica do gasto só empeza a ser agora coñecida e elaborada de forma todavía parcial ou fragmentaria. Nin que dicir ten que a propia metodoloxía dos traspasos de competencias, antes xa das particulares eleccións de gasto de cada Comunidade Autónoma, contiña o embrión expansionista. A evolución do mal chamado sistema de financiación autonómica ofreceu xustificacións lexítimas, ó lado de contadas espúrias, para o endbedamento crecente. E non debe esquecerse que non sempre os gastos financiados con débeda teñen efectos macroeconómicos positivos ou favorecen a equidade interxeneracional (Caramés, 1998), desempeñando también o su papel - con probable influencia na expansión do gasto - a ilusión fiscal (Monasterio e Suárez, 1993).

Moi oportunos resultaron os acuerdos de consolidación fiscal entre Comunidades Autónomas e o Estado. Nembargantes, e ainda a risco de enunciar presuntas obviedades, debería subraiarse que a búsqueda da eficiencia é insoslaiable ; que a evaluación da rentabilidade social e os proxectos a realizar e a planificación económico-financeira na que aqueles se enmarcarán han de estar nunha auténtica estratexia, permitiría liberar e asignar recursos cara aquelas liñas de gasto que teñen unha potencialidade en termos de crecemento, está fora de toda dúbida. Referímonoss - tamén no ámbeto presupostario e político das Comunidades Autónomas-, ás prioridades do gasto en infraestructuras capital humano e I+D. Reiterando o que  escribimos noutro lugar, "a distancia no nivel de productividade sepárase  ás economías rexionais españolas dos chamados "países fronteira" ofrécelles  unhas posibilidades de imitación e adopción de tecnoloxías nada despreciables. Nembargantes, está demostrado que o aproveitamiento deste potencial de "caching up" só caching está ó alcance daquelas economías que dispoñen de capacidade para organiza-lo cambio. Se perseveramos na actual reducción dos seus déficits tecnolóxico, educativo e infraestructural, as opcións de converxencia a longo prazo aumentarán notablemente" (Caramés y Lago, 1999). Por aí, ó noso xuizo, deberían i-las decisións de gasto estratéxicas das Comunidades Autónomas. Entender esto non é só importante no relativo ós seus efectos positivos contrastados, senón tamén unha elección intelixente nun contexto tan restrictivo como o que marca o pacto de estabilidade.

As aportacións presentadas ás Terceiras Xornadas da Asociación Galega de Estudios de Economía do Sector Público (AGEESP), tiveron como idea central o Gasto Público Autonómico. Con tanto tesón como modestia, a AGEESP prosigue o seu costume de convocar - con periodicidade menos regular da querida - , a todos aqueles investigadores interesados na economía pública. Ó éxito obtido nas reunións precedentes - contrastado obxectivamente a través do número de participantes e pola divulgación nos ámbetos académicos das publicacións producidas - engadeuse a aparición dun volume que recolle tódalas intervencións, coa mesma vocación cós anteriores: dar fe da vitalidade da área de interés científico que nos ocupa e ofrecer ó mundo universitario e á sociedade en xeral o resultado do noso traballo.

As colaboracións prestadas nestas Xornadas pódense agrupar en tres apartados: aquelas que se refieren ó gasto público autonómico de modo esencial; outras que discurren en torno ós problemas de control e por último, unha serie miscelánea que contén traballos que se relacionan co gasto de forma colateral. Así, no primeiro grupo, o profesor Corona, da Universidade Internacional de Cataluña, ainda considerando que a teoría ortodoxa do federalismo fiscal supón unha boa defensa dos sistemas descentralizados, subraia na súa ponencia a posta en cuestión do plantexamento convencional pola teoría normativa da Public Choice. Ó seu xuizo, só combinando esa teoría e o enfoque positivo da elección colectiva, é posible aproximarse ós factores explicativos do crecemento do gasto público global, destacando o "efecto flypaper" nos sistemas que se basean fundamentalmente nas transferencias.

Coa mesma inspiración metodolóxica, os profesores Álvarez, da Universidade de Oviedo, consideran insuficiente a teoría normativa do federalismo fiscal para explica-lo incremento do gasto público autonómico e tratan de aportar ideas dende a economía política constitucional, concluíndo cos resultados dun estudio de coste transversal, referido ó ano 1993, que ó seu xuiza refrenda as hipóteses de Brenan e Buchanan.

Matilde Mas, do Instituto Valenciano de Investigacións Económicas, partindo da descripción dos rasgos básicos de la acumulación de capital na economía española, e tras resumir algúns traballos sobre a capitalización de las rexións, pon en perspectiva a estratexia de crecemento seguida polas CC.AA., coa axuda dos fondos FEDER. A Dra. Mas evidencia nesta colaboración que a política de infraestructuras é a que recibe maior atención, seguida do apoio ás empresas.

Luis Caramés e Santiago Lago, da Universidade de Santiago de Compostela, discuten a validez das teorías asentadas na literatura sobre o crecemento do sector público á  hora de explica-lo gasto autonómico. E atopan que na dinámica do gasto da CC.AA.  refléxanse con nitidez as reglas de evolución e reparto de competencias, cunha sobrevaloración do peso da capacidade política frente ós criterios suxeridos pola teoría da facenda pública. Contando, pois, con este condicionamento, conclúen que a contratación de modelos óuso pouco pode aportar á comprensión da dinámica presupostaria autonómica, ainda que a estabilización do reparto de competencias e a profundización na autonomía financeira polo lado dos recursos, abrirán novas perspectivas.

Os mesmos autores analizan os efectos da inversión pública sobre a productividade e o crecemiento económico das rexións españolas, con especial referencia á asignada polas facendas autonómicas. No marco de funcións de producción agregadas, desenrolan o traballo empírico, entre cuias conclusiones - ó reflexionar acerca da robustez dos resultados - admiten a persistencia de problemas sen resolver, interrogantes sen responder e cuantificacións sen precisar. Neste sentido, amósanse partidarios de profundizar no coñecemento das diferencias no stock de capital público das rexións, así como no estudio dos determinantes da inversión en capital productivo privado ámbeto rexional.

O profesor González Temprano, da Universidade Complutense, subraia que unha das características máis relevantes do gasto social é a súa progresiva descentralización, constituíndo - ó igual que no Estado - unha partida hexemónica. Pasa tamén revista á distribución funcional dese gasto, con especial atención ó destinado a Educación, Sanidade e Vivenda. Os profesores Sánchez Maldonado e Gómez- Sala, da Universidade de Málaga, expoñen pola sua parte as características máis sobresaíntes dos Presupostos andaluces para o período 1983-99, que son crecentes ata 1992 e , modéranse despois, en consonancia coa estabilización dos traspasos de competencias. En calquera caso subraian que o gasto público autonómico per cápita prácticamente se triplica nese período, en termos reais, medrando tamén a participación relativa do gasto autonómico na economía da Comunidade. En xeral, contemplan bastantes aspectos positivos desta dinámica e resaltan, dende un punto de vista funcional, o claro predominio do gasto social. En canto á inversión pública, o gasto en infraestructuras foi unha constante nos Presupostos andaluces, todo ilo ligado a políticas orientadas ó crecemento.

A Dra. Berta Rivera, da Universidade de A Coruña, trata de medi-la desigualdade no estado de saúde, ó tempo que leva a cabo unha descrición da distribución do gasto sanitario nas Comunidades Autónomas. Sobre a mesma línea de gasto incide o Dr. Moldes, da Universidade de Santiago de Compostela, quen, tratando especificamente o caso de Galicia, destaca o incremento dos gastos correntes en bens e servicios, apreciando tamén un elevado esforzo en canto á inversión sanitaria, superior -ó seu xuizo- ó de calquera outra Comunidade, valorando positivamente a asunción de competencias. O profesor Fernández Leiceaga, da Universidade de Santiago de Compostela, expón na súa ponencia un conxunto de reflexións en torno ós gastos públicos en saúde e en pensións, deténdose no caso galego e presentando unha pluralidade de escenarios demográficos para o intervalo 1996-2026.

O gasto público destinado a políticas de incentivos e promoción económica, é tratado polos profesores Ballesteros e Martínez, sinalando algúns puntos que consideran débiles, tales como o excesivo discrecionalismo na concesión de axudas, o elevado ratio inversión/emprego, que redunda en actividades intensivas en capital e a primacía outorgada ás provincias de A Coruña e Pontevedra. Entre os aspectos positivos chama a súa atención o gran impulso dado á  internacionalización das empresas.

A aportación do Dr. Roig adícase a aspectos de "visibilidade", liña de investigación moi cultivada polo profesor da Universidade de Valencia, quen estima que os valores de visibilidade dos beneficios do gasto público son demasiado baixos, se ben non o son tanto como os da carga dos ingresos públicos, especialmente en España. É de desexar un perfeccionamento desta metodoloxía e unha maior atención á súa aplicabilidade no nivel autonómico.

Os aspectos de control son abordados polas profesoras Laura de Pablos e Aurelia Valiño, da Universidade Complutense, e polo Dr. Constenla, profesor santiagués e Conselleiro dol Consello de Contas de Galicia. De Pablos e Valiño, estudian ata que punto o Presuposto funcionou como instrumento de control do gasto órgano fiscalizador supremo. Francisco Constenla, pola súa parte,chama a atención acerca da escasa influencia das denuncias do Tribunal de Contas na corrección de determinadas prácticas. "A función fiscalizadora - escribe - quedará incompleta namentres non se diseñe un marco político suficiente para esixi-las responsabilidades nas que poidan incurri-los xestores de fondos públicos (...) O Estado financiará sempre os déficits e a responsabilidade da xestión terminará diluíndose politicamente".

Dentro do grupo misceláneo de traballos aporta o Profesor González da Universidade de Vigo, un estudio sobre o emprego público, considerando de interés investigar este tema, xa que a maioría dos servicios públicos son intensivos en traballo e as melloras de eficiencia han de pasar polo mellor uso dese factor.A descentralización alimentou un proceso de expansión da burocracia, cunha decisiva incorporación da muller. Na súa aportación identíficanse  algúns aspectos tales como rixideces nos procesos de selección, retribución, promoción, etc., que poidan constituir un freno ó impulso de comportamentos eficientes.

Os profesores Molina e Jaén, da Universidade de Almería, a través dunha análise de incidencia do gasto público, estudian a redistribución da renta no caso andaluz. Unha das súas conclusións máis sobresaíntes sinala a aportación positiva do gasto público en servicios sociais á disminución da desigualdade. Pola súa parte, o Profesor Gradín , da Universidade de Vigo, sofisticando este tipo de análise, detense no feito de que melloras na desigualdade poderán ocultar un empeoramento da distribución en canto á conformación de grupos. A poralización aparecería así como ograo en que nunha distribución se presentan grupos homoxéneos internamente, pero lonxe uns doutros. Destaca Gradín que na década dos oitenta- maior crecemento económico e descentralización - "prodúcese  un incremento da bipolarización territorial, ó medrar máis rápido o gasto das zonas máis ricas". Merece tamén subraiarse entre as súas conclusións que é a educación a variable que maioritariamente explica a bipolarización actual.

O Profesor Joan Pasqual e la Profesora Guadalupe Souto da Universidade de Barcelona centran a súa atención nun tema tan actual como os problemas do medio ambiente, desprendéndose da súa argumentación que as rexións teñen un papel non desdeñable nol diseño e a implementación de políticas ambientais. O Profesor Eduardo Brandés, da Universidade de Zaragoza e hoxe conselleiro do Governo aragonés, estudia o reto que supón facer compatibles os principios de autonomía e responsabilidade fiscal cos de solidaridade e equidade, en orden á articulación territorial do Estado de Benestar no futuro.

Javier Suárez, da Universidade de Oviedo, e Pedraja, da Universidade de Extremadura, aportan algúns criterios para a reforma do sistema de subvencións xerais e incondicionais na facenda subcentral. No seu traballo propoñen unha fórmula alternativa á vigente, incorporando a poboación como único indicador de necesidade de gasto, suavizando o erro de salto entre tramos e incluíndo un indicador de capacidade fiscal en sustitución do índice de esforzo actual.

O Dr. Vázquez Taín, da Universidade de Santiago, fai un repaso da situación da facenda local en Galicia, deténdose desponis no comentario das transferencias da Comunidad Autónoma ás Corporacións Locais e na política de inversións. Entre as súas conclusións subraia rasgos xa ben coñecidos, como son o raquitismo presupostario da facenda local galega e a súa dependencia financeira.

Este é o contido, apretadamente resumido, dun volumen sen dúbida interesante, tanto polo tema central en torno ó que xiran as distintas contribucións, como pola diversidade de enfoques. A súa realización é debedora do cariño con que a iniciativa foi acollida pola Escola Galega de Administración Pública e, moi especialmente polo seu Director, o Profesor Bello Janeiro. Os desvelos do Dr. Santiago Lago para levar a cabo esta empresa e a boa disposición para o traballo de secretaría de Ana Sanjurjo foron axudas - e non as menores- que empuxaron a tarea. Para todos eles, en nome propio e no da AGEESP, gracias.

Luis Caramés Viéitez

 

Socios patrocinadores Participaron como ponentes

 

Consellería de Presidencia e Administración Pública. Xunta de Galicia

Escola Galega de Administración Pública

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Santiago Álvarez y María Teresa Álvarez, Universidade de Oviedo"El crecimiento del gasto público en las Comunidades Autónomas: una explicación desde los principios de la economía política constitucional"

Eduardo Bandrés, Universidade Zaragoza: "Estado de Bienestar y Comunidades Autónomas"

Ramón Barberán, Universidade de Zaragoza: "Las balanzas fiscales regionales: metodología y aplicaciones en España"

Luis Caramés Viéitez y Santiago Lago Peñas, Universidade de Santiago de Compostela: "La inversión pública autonómica y el crecimiento de las regiones españolas"

Luis Caramés Viéitez y Santiago Lago Peñas,, Universidade de Santiago de Compostela: "El crecimiento del gasto de las haciendas autonómicas: un comentario sobre sus causas"

Francisco J. Constenla Acasuso, Universidade de Santiago de Componstela: "Gasto público e control externo público"

Juan F. Corona, Universitat Internacional de Catalunya: "Federalismo fiscal sin romanticismo: la descentralización del sector público en España"

Laura de Pablos Escobar y Aurelia Valiño Castro, Universidade Complutense de Madrid"Las Comunidades Autónomas y el control legal del gasto"

Xoaquín Fernández Leiceaga, Universidade de Santiago de Compostela: "Envejecimiento y gasto social. El caso de Galicia"

Xosé Manuel González Martínez, Universidade de Vigo: "El empleo público autonómico en Galicia: algunas notas sobre su gestión"

Antonio González Temprano, Universidae Complutense de Madrid: "El gasto social presupuestado de las Comunidades Autónomas, 1984-1996"

Carlos M. Gradín Lago, Universidade de Vigo: "Análisis de la bipolarización en España por Comunidades Autónomas, 1973-1990"

Manuel Jaén y Agustín Molina, Universidade de Almería:"La redistribución de la renta a través del gasto público: el caso andaluz"

María del Carmen Martínez Míguez y Alejandro Ballesteros Ron, Universidade de Santiago de Compostela: "Incentivos, ayudas y subvenciones. Análisis de la actividad del Instituto Gallego para la Promoción Económica"

Matilde Mas, Universidade de Valencia e Instituto Valenciano de Investigacións Económicas (IVIE): "Inversión Pública en las Comunidades Autónomas españolas"

Enrique Moldes Teo, Universidade de Santiago de Compostela: "Gasto sanitario público. Especial referencia al caso gallego"

Francisco Pedraja Chaparro y Javier Suárez-Pandiello, Universidade de Extremadura e Universidade de Oviedo, respectivamente: "Una propuesta alternativa al actual sistema de subvenciones generales a los municipios españoles"

Berta Rivera Castiñeira, Universidade de A Coruña:"El gasto sanitario público y su contribución a la equidad en los niveles de salud. Una aproximación regional"

Miguel Roig Alonso, Universidade de Valencia: "Visibilidad de la carga directa de los ingresos públicos y de los beneficios directos del gasto público en algunos países europeos"

José Sánchez Maldonado e J. Salvador Gómez Sala, Universidad de Málaga: "La dinámica del gasto autonómico: especial referencia a la Comunidad Autónoma de Andalucía"

G. Souto y J. Pascual, Universidade Autónoma de Barcelona: "La asignación autonómica de recursos naturales entre generaciones"

Miguel A. Vázquez Taín, Universidade de Santiago de Compostela: "Administración Local y gasto autonómico: especial referencia al caso gallego"