Celebradas en Santiago de Compostela, adicáronse á

" crisis dO Estado de Benestar" 

PONENTES

PATROCINADORES

Asociación Galega de Estudios de Economía do Sector Público

Sobre a Asociación

Introducción ás Xornadas

Contáctenos

Estatutos

Protocolos de colaboración 

Cómo ser socio

Primeiras Xornadas

Terceiras Xornadas

Cuartas Xornadas

Quintas Xornadas

Cursos e Conferencias

Publicacións

 Poucas cosas haberá hoxe tan de cuestión como o chamado "Estado do Benestar". E vemos tódoslos días cómo, incluso nunha época con ideoloxías tan poco diferenciadas, as posturas polarízanse .

Non deixa de ser curioso, ó lembra-la historia do Estado Providencia,l comprobar cómo as críticas ultraliberais contemporáneas semellan un simple calco dos argumentos manexados polos que se irritaban , nada máis ter coñecemento dalgunhas disposicións arbitradas polos governos, para mitiga-las penalidades do abrupto ritmo da revolución industrial. Os parados calificábanse como perezosos, rasgo quizáis innato que habería de ser removido coa necesidade. Os pobres eran pouco previsores, nada emprendedores e a pobreza viña a ser como un castigo 

para a pereza e a   incompetencia. Interferi-lo veredicto do mercado dándolle ingresos ós individuos cando enferman, son vellos ou están desempregados, sería algo así como facer sabotaxe ó único mecanismo dispoñible para recompensa-lo mérito.

En definitiva, castigaríase  ós realmente productivos e emprendedores a fin de soster ós zánganos, co resultado ben sabido de reducción da productividade. Quizáis parezan estas unhas ideas moi descarnadas, pero así se expresaban entón, e hoxe percíbense  esos ecos en moitos comentarios, non somente de café.

Seguramente non habería que recurrir a Malthus nin ás doctrinas do darwinismo social, para concluir que nesas posturas extremas, o futuro dos menos favorecidos sería estrictamente encomendado á caridade privada. De calquera xeito, ata ben entrado o século vinte, predominou unha filosofía dura, combinación do utilitarismo de Bentham e a economía manchesteriana. A evolución posterior alumbrou unha ideoloxía ben diferente e o Estado Providencia pode considerarse como o resultado institucional da adopción, por parte da sociedade, da responsabilidade legal do benestar básico de tódolos seus membros.

A ampliación dos servicios públicos, os sistemas tributarios progresivos, a lexislación laboral, a de consumo, a normativa sobre salarios mínimos, a axuda ós incapacitados, e ós desempregados, etc., callaron como manifestación duns determinados xuizos de valor sociais e foron axudados pola triunfante teoría keynesiana, verdadeira biblia para despois da gran depresión.

Pero algo está pasando con este cadro institucional, que provoca medo respecto á súa estabilidade, incluso á súa viabilidade. Probablemente o exemplo máis paradigmático sexa o caso ben coñecido de Suecia. A pregunta global máis repetida é: ¿están as economías actuais en condicións de soster os niveis de gasto público alcadados nos diferentes Estados occidentais? ¿É posible manter a composición interna do gasto público total?

Nun servicio máis concreto, se falamos de "sanidade", o obxectivo de garantir un nivel suficiente de servicios sanitarios a toda a poboación, ¿xustifica necesariamente unha provisión pública xeral, en detrimento de seguros privados para aqueles que superen un certo nivel de renta? ¿É xusto que os que teñen peor saúde teñan que pagar primas maiores?¿Debemos, ademáis, abandoar sistematicamente ós imprevisores?¿Podemos seguir mantendo modelos de Seguridade Social con métodos de financiación que provocan efectos potencialmente perversos sobre o aforro e o emprego?¿É eficiente a producción pública á hora de asignar servicios sanitarios?¿É a producción privada unha alternativa perfecta ou sinxelamente complementaria?

No campo da "educación", hoxe en día casi ninguén se excluiría do consenso en torno á idea de que o sector público debe favorece-la formación educativa dos ciudadáns, ainda que o nivel de cobertura - na primaria,  secundaria ou a universitaria- teña os seus graos. Pero, ¿está claro se a producción pública é superior ou inferior á privada?¿En qué termos?¿É equitativo, por exemplo, que a educación universitaria esté fortemente subvencionada con xeralidade?

Practicamente, en tódolos países o Estado axuda ós individuos para a compra, aluguer ou rehabilitación de vivendas, baixo certas condicións, ó considera-los bens preferentes. ¿Complícase ese obxectivo con certas características específicas da demanda de vivendas ou do seu mercado?¿É axeotada a constelación de préstamos subvencionados, control de alugueres, incentivos fiscais, etc? ¿Préstase verdadeira atención a unha variable estratéxica, como o control do solo edificable?

Tamén poderíamos plantexar unha serie de puntos controvertidos no dominio das chamadas prestacións económicas ou das transferencias monetarias: os programas de pensións -que son os máis importantes-, os de prestacións por desemprego, os de incapacidade laboral temporal, de sustitución de rentas e os programas de reducción da pobreza (pensións non contributivas, certas axudas familiares, etc.).

Mencionados algúns dos elementos do debate actual, é pertinente facerse certas preguntas: ¿Teñen ou non influencia significativa os plans públicos de pensións sobre a xeración de aforro?¿Desincentívano ou non ?¿É posible compensar esa hipotética reducción cos chamados "efecto xubilación", ou "efecto herdanza", que levan ós individuos a ser máis previsores ó longo do seu ciclo vital?¿A oferta de traballo é afectada negativamente polo seguro de desemprego?

Por último, os programas a favor dos máis desafortunados ¿xeneran ou non trampas de pobreza, xeralizando os desincentivos ó traballo e anclando na marxinalidade a certos segmentos sociais?

Como pode verse, e sen exhaustividade, o inventario esbozado presenta o núcleo da problemática que define a difícil situación do Estado Providencia actual. Pero hai máis cousas e de maior radicalidade ou calado intelectual:¿é compatible un grao elevado de redistribución co crecemento económico?¿esa compatibilidade pode ser simultánea ou hai que fabricar primeiro a tarta e logo repartila?

A pesares de que moitos dos interrogantes anteriores son susceptibles dunha análise económica rigurosa, estamos en presencia dun terreno abonado para os fundamentalismos. E así, namentres  uns practican aproximacións cun  enfoque irreal do equilibrio xeral, mesturadas con actitudes reverenciais e acríticas cara omercado, os outros non atopan límite á acción protectora e distributiva do Estado do Benestar. Nas páxinas que seguen, nembargantes, fanse un conxunto de reflexións e análises equilibradas, lectura que enriquecerá, sen débida, o necesario debate académico e político en torno a uns problemas vinculados estreitamente a unha certa idea das relacións sociais, que viñeron acompañando lo que muchos consideramos el progreso relativamente estable dos países occidentais.

Luis Caramés Viéitez

 

Socios patrocinadores Participaron como ponentes

 

Banco Bilbao Vizcaya

Banco de Comercio

Banco Gallego

Banco Pastor

Caixa Galicia

Caixa Ourense

Caixa Pontevedra

Cámara de Comercio, Industria e Navegación de A Coruña

Consellería de Economía e Facenda. Xunta de Galicia

Universidade de Santiago de Compostela

Universidade de A Coruña

Universidade de Vigo

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Francisco Comín, Universidade de Alcalá e Fundación Empresa Pública: "Los seguros sociales y el estado benefactor en España"

Eduardo Brandés Moliné, Universidade de Zaragoza: "La redistribución en el estado del bienestar: Un enfoque contractual" Comentario: Juan Corona Ramón, Catedrático de Facenda Pública, Universidade das Illas Baleares

Esther Martínez García, Universidade Pompeu Fabra: "Sector Público y redistribución: El papel de los gastos fiscales"

Miguel Ángel López García,  Universidade Autónoma de Barcelona: "Los fondos públicos de capital y la financiación de la Seguridad Social"

Miguel Roig Alonso, Universitade de Valencia: "Nuevas formas de financiación del Estado de Bienestar"                                  Comentario: Alfonso Utrilla de la Hoz, Universidad Complutense

Jorge Calero, Universidade de Barcelona,"Análisis coste-beneficio: Una aproximación desde el institucionalesmo"

Daniel Bessa, Universidade de Porto: "Os infortúnios da política de rendimientos"

Xosé Carlos Arias, Universidade de Vigo: "Presiones sobre el Estado del Bienestar: El caso de Suecia"

Mª Teresa López López, Universidade Complutense: "Las prestaciones por desempleo"

José-Ginés Mora, Universidade de Valencia: "Educación y gasto público en las comunidades autónomas españolas"               Comentario: Ramón Barberán Ortí, Universidad de Zaragoza

Guillem López i Casasnovas, Universidade Pompeu Fabra: "La reforma del sector público: Instrumentos para la eficiencia pública" Comentario: José Sánchez Maldonado y Cristóbal Ruiz Galacho, Universidad de Málaga

Antonio González Temprano, Universidade Complutense:"El Gasto Público en Sanidad en España. Una aproximación a las transformaciones recientes"

Almudena Durán Heras, Comunidade Autónoma de Madrid: "Gasto en pensiones: Causas y efectos"

Pedro Puy Fraga, Universidade de Santiago: "Elección Pública y Estado del Bienestar"                                                                           Comentario: Nuria Bosch Roca, Universidad de Barcelona

X. Álvarez Corbacho, Universidade de A Coruña: "Estado de Bienestar y Fragilidad de la Economía Gallega"

Emilio Albi Ibáñez, Universidade Complutense: " Una reflexión sobre las políticas redistributivas"

Jesús Leal Maldonado, Universidade Complutense: "Familia y vivienda en el estado de bienestar"                                                    Comentario:  Mercé Costa Cuberta, Universidade de Barcelona

Juan Corona Ramón, Universidade das Illas Baleares e Amelia Díaz Álvarez, Universidade de Barcelona: "Bienestar y Medio Ambiente"

José Manuel González Páramo, Universidade Complutense: " Estado de Bienestar, crecimiento económico y distribución de la renta"

José Barea Tejeiro, Universidade Autónoma de Madrid: "Las causas de la Crisis del Estado del Bienestar"